Entroido no centro de día da Rúa e no IES
- Tapsdobarco
- 8 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 jul 2024
O 25 de xaneiro tivemos un primeiro encontro coas persoas maiores e profesionais do centro de día da Rúa, nos que puidemos coñecernos e saber máis sobre o funcionamento do centro. Posteriormente o 8 de febreiro, tendo en conta os intereses das persoas alí presentes, a través da realización dunha actividade coa música e o Entroido, puidemos compartir un momento de benestar, enriquecemento mutuo e participación de todo o grupo ademais de contribuir ao mantemento e mellora de funcións cognitivas como memoria, atención e linguaxe. En relación co anterior e cun fin semellante, o alumnado durante estas datas tamén realizou en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES unha investigación sobre o Entroido do concello da Veiga e unha réplica da súa máscara, que participou no desfile do centro.


Comments