Xordeira e saúde mental
- Tapsdobarco

- 1 mar
- 1 Min. de lectura
No contexto das xornadas de FP e entidades profesionais que se organizan dende o IES Lauro Olmo, no ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia tivemos dous encontros. Un coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), no que aprendimos algunhas pautas de comunicación coas persoas xordas e de lingua de signos, ademais dos servizos da FAXPG. O outro con Salud Mental León (delegación de Ponferrada), no que ademais de tamén coñecer os servizos e enfoque de traballo da entidade, traballamos sobre os estereotipos e prexuízos na saúde mental. Dous encontros e espazos compartidos cheos de aprendizaxe que nos motivan a seguir traballando por unha sociedade máis inclusiva e para ser mellores profesionais.





Comentarios