top of page

Coñecendo máis sobre a xordeira

  • Foto del escritor: Tapsdobarco
    Tapsdobarco
  • 26 abr 2024
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 3 jul 2024

Esta semana, grazas á colaboración e contacto dunha alumna, tivemos a visita de Edurne, que nos contou a súa experiencia como persoa xorda, os recursos que utiliza para comunicarse, os prexuízos e estereotipos existentes, a importancia da socialización dende unha idade temperá e como podemos incrementar a accesibilidade en diferentes ámbitos como o do lecer, cultural, educativo ou laboral. Tamén escoitamos sobre outros casos nos que, con características de partida semellantes, a situación era moi diferente dependendo da contorna e vivencias persoais. Por último tomamos nota dalgún libro e recurso de interese que nos recomendou. Unha visita moi enriquecedora da que agradecemos o aprendido!


ree

 
 
 

Comentarios


bottom of page