Encontro coa asociación Acadar
- Tapsdobarco
- 7 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 jul 2024
Esta tarde tivemos a sorte de ter un encontro coa asociación Acadar tanto o alumnado e profesorado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia como de Coidados Auxiliares de Enfermería. Acadar ten como misión promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en tódolos ámbitos da vida. A través dun diálogo enriquecedor co alumnado aprendimos máis sobre as causas da desigualdade de xénero, a discriminación interseccional, os tipos de violencias machistas e as ferramentas para detectalas. Na nosa radio poderás atopar a entrevista que fixemos despois e descubrir un chisco de todo isto. Grazas Acadar!

Comentarios