Encontro coa asociación Morea
- Tapsdobarco
- 11 may 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 jul 2024
O martes visitamos a sede da asociación Morea no Barco de Valdeorras, integrante da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Saúde Mental FEAFES), onde coñecimos o seu Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, talleres prelaborais e club social. O encontro foi iniciado cun par de dinámicas de presentación e coñecemento propostas polo alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, e finalizado con outra de cooperación proposta por parte de profesionais da entidade, o que contibuíu a crear un clima moi agradable e distendido. En definitiva, unha experiencia moi enriquecedora e chea de aprendizaxes, na que agradecemos a todas as persoas de Morea os momentos compartidos.

Comments