Encontro con MAOS Innovación Social
- Tapsdobarco
- 20 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 jul 2024
Esta semana tivemos un encontro coa cooperativa MAOS Innovación Social no marco do proxecto Enmemoriarse, no que colaboramos con outros cursos do noso IES para a recollida etnográfica da cultura das persoas maiores da nosa contorna. Grazas a este encontro puidemos aprender pautas para realizar entrevistas e historias de vida, o que é moi importante tamén no contexto da nosa profesión para garantir unha atención centrada na persoa. No seguinte trimestre aplicaremos algunhas destas aprendizaxes, irémosvolo contando!

Comments