top of page

Erasmus en Sicilia (Italia)

  • Foto del escritor: Tapsdobarco
    Tapsdobarco
  • 23 feb
  • 1 Min. de lectura

Edu e Mireia, estudantes do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, desfrutaron a oportunidade Erasmus+ a través dunha mobilidade de grupo no Istituto Sciascia e Bufalino de Trapani (Sicilia, Italia); aprendendo e compartindo experiencias co alumnado italiano en diferentes obradoiros e clases. Ademais houbo tempo para visitar lugares como a cidade e as salinas de Trapani, a vila de Erice e a cidade Palermo (un lugar cheo de historia, monumentos e moito ambiente).

A FP é formación para a vida, e nesta experiencia en Sicilia ambos viviron en primeira persoa o valor de aprender nun contexto real, coñecendo novas culturas e desenvolvendo as súas competencias profesionais. Unha viaxe que seguramente nunca esquecerán.





 
 
 

Comments


bottom of page