top of page

Aspace Coruña e Central de Teleasistencia

  • Foto del escritor: Tapsdobarco
    Tapsdobarco
  • 9 abr
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 10 abr

Hoxe visitamos A Coruña para coñecer recursos relacionados coa atención a persoas en situación de dependencia. En concreto pola mañá visitamos os centros e servizos de Aspace Coruña con persoas con parálise cerebral; coñecendo a vivenda adaptada para o adestramento e promoción da autonomía persoal, o centro educativo, o centro de día, a residencia, a radio, as actividades acuáticas, a iniciativa de cidadanía activa, a sala multisensorial, os obradoiros artísticos e o aproveitamento das novas tecnoloxías por parte do equipo profesional interdisciplinar. Pola tarde visitamos o centro de operacións de teleasistencia de Galicia xestionado pola Cruz Vermella, aprendendo sobre o traballo de intervención social a través da teleasistencia domiciliaria, a teleasistencia móbil e o localizado de persoas LoPe. Un día intenso e moi enriquecedor!





 
 
 

תגובות


bottom of page