top of page

Saída a Allariz

  • Foto del escritor: Tapsdobarco
    Tapsdobarco
  • 21 abr 2022
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 3 jul 2024

Este mes de abril puidemos achegarnos de mañá a San Salvador dos Penedos (concello de Allariz) para coñecer o proxecto integral da asociación Andrea a través de tres liñas de actuación: o centro de acollida de burros abandoados e/ou maltratados; o centro de terapia asistida con burros para persoas con discapacidade; e o programa de dinamización do rural. A través dunha parte teórica e outra práctica puidemos achegarnos á motivación que inspiran estes animais para o contacto e interacción, e as melloras que isto pode producir a nivel físico, psicolóxico, comunicativo e social.

Xa pola tarde, en Ourense, paramos na asociación Aixiña onde coñecimos o seu traballo interdisciplinar nos centros de día e residencia, así como nos ámbitos laboral, de ocio e atención a familias.

Agradecemos ás dúas entidades o seu tempo e aprendizaxes compartidos.





 
 
 

Commentaires


bottom of page