Saída a León
- Tapsdobarco
- 18 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 jul 2024
Un dos mellores reforzos das aprendizaxes adquiridas ao longo do curso e ciclo e observar o traballo realizado por entidades e profesionais no contexto da nosa profesión. Por este motivo hoxe achegámonos a San Andrés del Rabanedo e León para coñecer o traballo realizado no Centro de Referencia Estatal (CRE) do IMSERSO para a Atención a Persoas con Grave Discapacidade e para a Promoción da Autonomía Persoal e Atención á Dependencia, así como do Centro de Educación Especial Paz Peña xestionado por Autismo León. Foi unha experiencia enriquecedora na que agradecemos a dispoñibilidade e tempo de ambas entidades.


Comments