Hoxe, mediado o mes de abril, visitamos pola mañá o centro interxeracional de Ourense, onde as persoas maiores do centro de día e as crianzas da escola infantil conviven diariamente, cos beneficios que isto supón para as persoas de todas as idades a nivel estimulativo, emocional e de aprendizaxes mutuas. Os espazos son agradables, accesibles, amplos e contan tanto con espazos verdes exteriores como con luz natural no interior. Ademais tivemos a fortuna neste día de poder interactuar e aprender a través da observación nunha actividade conxunta da escola infantil e do centro de día, na que tamén colabora Down Ourense. Xa pola tarde tivemos un interesante encontro con profesionais no ámbito da saúde mental, no que puidemos coñecer varios dos recursos e enfoques de apoio e acompañamento.
Saída a Ourense
Actualizado: 3 jul
Kommentare