Asprona Bierzo

Na segunda saída desta semana visitamos Asprona Bierzo (Plena Inclusión), en concreto o seu Centro de Barrio Flores del Sil, onde nos amosaron o seu traballo diario e os diferentes servizos da entidade con persoas con discapacidade intelectual. No centro procuran garantir a atención integral e continuada ás necesidades da persoa durante o día, atendendo ao seu proxecto de vida persoal, promovendo a súa autonomía, potenciando as súas capacidades e ofrecendo apoios nas actividades da vida diaria e sociocomunitarias.
Na viaxe, compartindo transporte con alumnado francés de Erasmus no noso IES e cos ciclos da familia profesional de Administración, realizamos tamén unha visita ao castelo de Ponferrada para finalizar a xornada.





Comentarios