top of page

CDR O Viso e asociación Andrea

  • Foto del escritor: Tapsdobarco
    Tapsdobarco
  • hace 9 horas
  • 1 Min. de lectura

Hoxe visitamos dous proxectos que nos resultaron inspiradores.

Un deles foi o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, ao que nos diriximos para coñecer varios dos seus proxectos de acompañamento á poboación no rural, como o centro de día, a vivenda comunitaria, o xantar no fogar e a casa niño, entre outros.

O outro foi o centro de terapia asisitida con burros da asociación Andrea, no que coñecimos o seu traballo na mellora da calidade de vida das persoas a nivel cognitivo, físico, emocional e social a través do contacto cos animais e o coidado do medio ambiente.

Ademais, a visita en ambos casos tivo moita conexión co traballo na horta que recén comezamos no IES este mesmo mes (como se pode ver no último par de imaxes abaixo), collendo varias ideas sobre as posibilidades que ofrece a horticultura con persoas en situación de dependencia.




 
 
 

Comentarios


bottom of page