top of page

Lecer con Morea

Foto del escritor: Tapsdobarco
Tapsdobarco
12 may
1 min de lectura

Un dos aspectos que se aprende no ciclo é facilitar a participación no lecer e na vida social das persoas en situación de dependencia, o que incide positivamente na calidade de vida. Aproveitando tamén os contidos traballados nos módulos en relación coa saúde mental, este luns tivemos un encontro coa asociación Morea no que compartimos un momento de convivencia a través de xogos e exercicios relacionados cunha das actividades favoritas das persoas que integran a entidade, o fútbol, favorecendo así un espazo de inclusión e de redución de estereotipos e prexuízos. Agradecemos a Morea a súa disposición a colaborar sempre.




 
 
 

Comentarios


bottom of page