top of page

Visitamos a unidade de educación especial

Foto del escritor: Tapsdobarco
Tapsdobarco
1 dic 2025
1 min de lectura

Esta semana realizamos unha visita á aula de educación especial do noso IES, tendo en conta que unha das posíbeis saídas profesionais do ciclo é a de auxiliar de educación especial. Nela puidemos coñecer os criterios de organización da aula e os materiais utilizados, así como algúns dos apoios e coidados que se realizan para a mellora da autonomía e do benestar do alumnado en situación de dependencia. Un encontro moi interesante, no que ademais coñecemos varias das funcións da auxiliar coidadora e das profesoras de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe do noso centro.




 
 
 

Comentarios


bottom of page